Lunes 22.12.2008
Hemeroteca web
|
RSS
Gente y comunicación » Libros
![]() |
A mestura de realidade e fantasía que percorre esta estupenda novela de Francisco Castro non se deriva dun complexo xogo, senón, simplemente, da vida. Claro que a vida é o xogo máis complexo de todos: e a vida é o mellor libro que temos, como di o autor na dedicatoria aos seus fillos. Pero o gran mérito de Chamádeme Simbad, dirixido a lectores a partir dos doce anos, está na fermosa construción de Paulo, tamén coñecido como Simbad. Castro, cunha linguaxe moi tenra e sinxela, chea de humor, demostra que neno e avó son os personaxes da novela que realmente saben vivir, que entenden a beleza da vida e as súas circunstancias. A mirada crítica cara a uns pais sumidos en miles de asuntos cotiáns e nun traballo febril está moi presente, pero o autor o fai a través do propio Paulo, é dicir, a través dos ollos do neno, xa que a obra está contada en primeira persoa. A tenrura que se deriva desta historia entre un neto e un avó afectado de Alzheimer é a lección principal que o autor nos ofrece. Sen grandes palabras, sen solemnidades, Francisco Castro lévanos da man por unha realidade cruel, que, con todo, está chea de mares, piratas e soños. E os adultos comprendemos todo o que perdemos durante a viaxe cara á insoportable madurez. / José Miguel A. Giráldez

O poder formativo da arte e o mito na literatura actual
Un pracer inmenso: percorrer os lugares máis verdes de Compostela, coa Editorial Alvarellos
Ulítskaya narra con ternura debilidades compartidas por mujeres y hombres
Emoción e realidade social: Francisco Castro fala do Alzheimer a través dos ollos do neno Simbad