Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 37 de 39] noticia anterior de Libros Gente y comunicación » Libros

LITERATURA INFANTIL

María Solar escribe unha historia fermosa na que hai varias lecturas implícitas e unha mensaxe

24.01.2010  María Solar, 'O Fillo do Pintamonas', Ilustrado por Teresa Novoa. Tambre (Ala Delta, serie azul), 2009. 124 págs. 7,7 €

5.0/5 [2 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

De cando en vez María Solar, ben coñecida pola súa ampla traxectoria como profesional dos medios de comunicación, fundamentalmente radio e televisión, volve á literatura, un territorio do que non quere desprenderse. Aínda que alberga a secreta intención (ou non tan secreta) de escribir unha novela para adultos, María Solar móvese como peixe na auga, ou como paxaro no aire, no territorio dos máis pequenos. E agora entrégalles unha historia que ten moitas lecturas. Unha historia na que se fala tamén do que é diferente, e da amizade por encima de todo. Os Nubelos son os personaxes protagonistas, xunto cos Grislás, os que posúen o segredo das lendas. María Solar, que fala dos Nubelos con moita proximidade, explica neste libro como Nubelo de La chegou a coñecer a verdadeira historia do seu pai. Polo medio, como é natural, acción, aventuras, personaxes que semellan sinxelos, pero que están cheos de matices. E de agarimo. E desa linguaxe próxima, limpa, chea de auga fresca e de sons alegres, que María Solar talvez aprendeu en algures, seguramente no territorio dos soños. Aos que se dedica con tanta forza que sempre queda tempo para agasallarnos aos demais. / José Miguel Giráldez

 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS