Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 11 de 39] noticia anterior de Libros Gente y comunicación » Libros

novela

O poder formativo da arte e o mito na literatura actual

14.03.2010  As nocións de dignidade, amizade e xustiza son obxecto de reflexión no libro xuvenil de Marilar Aleixandre

5.0/5 [3 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

JOSÉ MANUEL ESTÉVEZ-SAÁ • SANTIAGO

Marilar Aleixandre foi gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil con este texto
Marilar Aleixandre foi gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil con este texto

Nos tempos que corren, nos que os valores que outrora se adoitaban asociar á mocidade semellan terse perdido, do mesmo xeito que se desvirtuou a atmósfera de compañeirismo, esforzo e solidariedade que caracterizaba ao proceso educativo, non é estrano que xa nos podamos atopar nas librarías e bibliotecas coa segunda edición de A Cabeza de Medusa, a novela da escritora madrileña afincada en Santiago, Marilar Aleixandre. Esta autora, que utiliza a lingua galega como ferramenta para dar renda solta ao seu impulso antropolóxico e creativo, ofrécenos neste libro todo un canto á mocidade que rolda a maioría de idade e que aparece descrita no texto con todas as súas inquedanzas, angustias, desexos, inseguridades, aspiracións e frustracións. Todo iso nun contexto educativo no que se reivindica o potencial formativo das humanidades. A mestura de arte, mitoloxía e literatura actúa como unha especie de tapiz sobre o que se van desenvolvendo os acontecementos, moitos deles tráxicos (como as dúas violacións, unha real e outra frustrada, que sofren Sofía e Lupe), pero que conseguen cativar ao lector ou lectora que se mergulle nas súas páxinas pola claridade expositiva, pola riqueza da linguaxe utilizada e por unha técnica narrativa que mestura descarada e oportunamente diálogos de gran intensidade, eficaces alusións literarias, agudas fórmulas xornalísticas e sutís pasaxes expositivas. Como sempre, pero máis quizá nas idades dos personaxes que poboan a novela, a beleza e o amor nas súas diferentes formas e acepcións vólvense unha obsesión no texto, do mesmo xeito que o medo á incomprensión e a turbación da vergoña. Por todo iso, o motivo do mito de Medusa e Perseo, e a recreación pictórica levada a cabo por Caravaggio en 1597 constitúen o pano de fondo desa triste e dura realidade á que a sociedade tense que enfrontar en ocasións (lembremos os casos de Marta del Castillo ou Sandra Palo). En definitiva, atopámonos fronte a un texto que pais e nais deberiamos aconsellar aos nosos fillos polo aleccionador e revelador que resulta para todos.

 

Marilar Aleixandre, 'A Cabeza de Medusa', Edicións Xerais de Galicia, 2010 (2ª ed.), 224 páxs. 10,45 €

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS