Sábado 27.12.2008
Hemeroteca web
|
RSS
Gente y comunicación » Libros
![]() |
| Suso de Toro, un dos nosos autores máis recoñecidos conxuga as grandes historias coa experimentación |
O escritor santigués Suso de Toro é un dos máximos expoñentes da literatura galega contemporánea. Trátase, ademais, dun escritor que parece desexar transcender as súas propias fronteiras. Así, si en Home sen nome (Ed. Xerais) refírenos á historia de Europa, máis recentemente, en Sete palabras (Ed. Xerais), mergúllanos na historia de España e na súa propia historia; o mundo dun autor que, a través da memoria, aspira a buscar as súas orixes e descubrirse a si mesmo. A brillantez dos seus textos radica en que non renuncia a coidar ao máximo cuestións formais e técnicas, até o punto de que, sen abandonar nunca o contido, o aspecto referencial, incluso o compoñente humano que imprime ás súas obras de ficción, pode e debe ser considerado como un escritor experimental. Quizá sexa por iso polo que a súa obra atrae a diferentes lectores con diversos intereses, e tamén o motivo de ter tantos estudantes que están a redactar as súas teses de doutoramento ao redor da súa producción literaria. As súas novelas supoñen, á vez, un reto para o crítico literario avezado e un pracer para ese lector medio en busca dunha boa historia. Si Trece Badaladas (Ed. Xerais) pódese considerar unha novela que alcanzou un enorme éxito (foi levada mesmo ao cinema) pola intriga que nela se narra e por estar dirixida a un gran público, sen renunciar a unha coidadísima narración, outras como Tic-Tac (Ed. Xerais) altamente experimentais, foron mesmo comparadas con obras do xenial escritor irlandés James Joyce. Na súa última novela, Sete palabras, parece combinar con extremo coidado o interese por contar unha excelente historia coa procura das técnicas e recursos narrativos máis apropiados. Este compromiso con Galicia sen renunciar a transcender a realidade máis próxima que nos rodea fai que o consideremos hoxe como un dos escritores que máis contribuíron, coa súa mirada realista, a superar estereotipos e a que a imaxe da nosa cultura, a nosa idiosincrasia e o noso país non se vexa restrinxido ao ámbito rural, á Galicia profunda, premoderna, que durante moito tempo empeñáronse en proxectar algúns artistas galegos.
Suso de Toro, 'Sete palabras', Edicións Xerais de Galicia, 2009, 320 páxs. 19 €
