Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 13 de 39] noticia anterior de Libros Gente y comunicación » Libros

guÍas

Un pracer inmenso: percorrer os lugares máis verdes de Compostela, coa Editorial Alvarellos

14.03.2010  María Isabel Fraga, coord., 'Guía verde de Santiago de Compostela', Alvarellos, 2010, 217 págs. 12 €

3.4/5 [5 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Sempre sentín unha fascinación especial polas guías. As guías de viaxes, de plantas, de flores, de obxectos diversos. Nisto un debe ser sempre un pouco borgiano. Borges amaba os libros de referencia, como é ben sabido, empezando pola Enciclopedia Británica. O pracer que se obtén dun dicionario ou unha guía ben editada paréceme inmenso. E sempre lembro as baldas das librarías londinienses, cheas de libros deste tipo. Aínda acabo de comprar hai uns días unha Guía dos paxaros de Irlanda, aínda que non practiquei nunca o bird-watching. A Editorial Alvarellos publicou hai unhas semanas unha guía excelente, realmente preciosa, dos lugares verdes da nosa cidade. É un libro marabilloso. E é verde en varios sentidos: non só fala de parques, árbores e flores, senón que está impreso en papel ecolóxico. E conta con 250 fotografías. O mellor do libro é que permite ir á realidade a comprobar todo o que di, que é moito. María Isabel Fraga, a directora do Museo de Historia Natural é a autora dos textos. Ademais da descrición dos entornos naturais de Santiago, o libro conta cunha guía botánica, e comentarios de 130 especies arbóreas. É un deses libros para gozar e para aprender. E para levar á rúa nos imprescindibles paseos pola fermosa cidade. / José Miguel A. Giráldez

 

 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS