Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 17.04.2014  | Actualizado 18.19 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 18 de 39 noticia anterior de Libros Gente y comunicación » Libros

NOVELA

Vigo fronte á mirada inquieta do narrador polifónico

’Unha historia que non vou contar’ permítenos escudriñar o ambiente empresarial de finais do franquismo

JOSÉ MANUEL ESTÉVEZ-SAÁ • SANTIAGO  | 21.02.2010 
A- A+

Cid Cabido é un deses artistas, os menos, que foxen da popularidade que xeran os escintileos fotográficos e os focos das cámaras. Persoalmente, non creo que se trate da actitude típica dun divo da creación ou dunha posición de altivez con respecto ao mundo que lle rodea. Eu máis ben interprétoo, vendo a súa traxectoria, como unha maneira de manterse á marxe dos perigos que emerxen ao abrigo da fama, como unha estratexia para manter a pureza do seu impulso creativo e unha táctica para non sucumbir ante o efecto destrutivo da vaidade humana. Doutro xeito, que sentido tería non gritar ao vento e dicir: "sí, aquí estou. Eu son quen se oculta tras esa marabillosa historia que non ía contar pero que ao fin narrei". E o certo é que é el quen está detrás desa voz que vai debullando o fío argumental que conduce a súa última novela. Unha voz que é narradora no seu sentido máis literal, pois lle pertence a un suposto escritor que, nun momento dado da súa vida, decide trasladarse a un apartamento prestado en plena Porta do Sol viguesa e desentrañar as complexas circunstancias que rodearon o asasinato dun coñecido magnate do sector conserveiro a principios dos anos setenta, á vez que nos ofrece unha panorámica detallada e cabal dunha cidade, Vigo, chea de vida, acción e "sincronicidades". Trátase dunha mirada curiosa e suxerente ao pasado desde o presente. Ficción e realidade, memoria e imaxinación mesturadas como nun cóctel explosivo que detona intrigas, tramas e confabulacións a esgalla. Tampouco dubida Cid Cabido á hora de xogar coa experimentación que supón mesturar, sen rubor, textos, documentos e procesos narrativos de carácter diverso. Chaman a atención as constantes referencias cinematográficas, as alusións literarias e a propia presenza do lector, quen, como interlocutor válido, adquire un protagonismo e unha complicidade inusitada nunha novela que nos mostra como a literatura e a prensa escrita son e foron sempre os depositarios do legado da nosa historia "polifónica" recente.

 

Cid Cabido, ‘Unha historia que non vou contar’, Edicións Xerais de Galicia, 2009, 272 páxs. 16,50 €

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS