Canal Ocio
Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 06.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Portada » Hemeroteca web

MAR

Os diques flotantes teñen menor impacto sobre o fondo mariño

12.03.2010 A UDC e Abeconsa estudarán a viabilidade da súa instalación na costa galega

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

Son máis baratos e teñen un menor impacto sobre os fondos mariños. Os diques flotantes poden ser unha alternativa económica e sostible ás construcións de formigón que salpican a costa galega. Avaliar o seu comportamento e a viabilidade do seu uso nas nosas rías é o obxectivo que persegue un proxecto posto en marcha pola construtora galega Abeconsa e a Universidade da Coruña (UDC). Así o apuntou onte o director xerente de Abeconsa, José Luis Molina Botas, quen en compañía do director da investigación e profesor na Escola Superior de Enxeñería de Camiños, Canles e Portos, Enrique Pena se mostrou "encantado" de poder formar parte dun proxecto que cualificou de "moi interesante". Cun orzamento de 180.000 euros, o estudo tomará como referencia o dique flotante instalado na área náutica deportiva da Mariña na Coruña para analizar a súa resistencia á ondada e a súa estrutura hidráulica, ademais de profundar nas características da costa coruñesa e das demais costas galegas como escenario para a instalación de diques flotantes.

O proxecto contará cun grupo de traballo formado por un total de dez persoas, que durante os próximos sete meses, estudarán o comportamento do dique logo de "reproducilo a escala", e tras facerse cunha sonda 3D que se dese- ñou en Holanda e que, segundo Pena, permite "recrear a ondada que se dá no porto deportivo de Mariña da Coruña".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS