Lunes 19.01.2009
Hemeroteca web
|
RSS
A Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro está aplicando de xeito experimental o sistema denominado "visión artificial", para aplicalo ó control de calidade das uvas que entran en adega, tal e como se fai xa en comarcas de Francia e con laranxas e mazás nalgunhas zonas de España.
O xerente da cooperativa, Argimiro Levoso, explicou onte que a investigación comezou hai
dous anos en colaboración co Centro Tecnolóxico da Carne e Alimentación de Galicia e co Laboratorio Oficial de Meteoroloxía de Galicia (LOMG), ambos os
dous no Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense. O sistema de "visión artificial" fotografía as uvas dos colectores que entran en adega e unha aplicación informática arquiva as características de cor, estado sanitario e forma, que se engaden ós valores sobre graduación alcohólica obtidos nas mostras que toman os técnicos en cada colector. Ata agora, o control realízano técnicos, tanto nas viñas como na entrada en adega pero, a partir deste experimento, que estará terminado en 2010, "poderemos implantar este control visual con cámara e sistema informático propios, que determinará con máis exactitude o estado das uvas e xa que logo, o prezo xusto que hai que pagar por elas", agregou Levoso.
A partir da investigación iniciada en torno ó viño, iniciarase en breve o proceso experimental necesario para aplicar a "visión artificial" ó control de calidade de patacas e castañas.
