Canal Ocio

Martes 15.12.2009  |  Actualizado 13.25      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
El Correo Gallego
Google
Portada » Hemeroteca web

POlémica

Os nomes ocultos

10.07.2009 A oito días de que se peche o prazo de presentación de candidaturas para o CGAC, a Consellería de Cultura segue sen facer público o xurado encargado da selección

0.0/5 [0 Voto/s]

Atrás Imprimir Recomendar Aumentar texto Reducir texto

MARÉ . SANTIAGO

Roberto Varela e Francisco López Rodríguez durante o seu encontro cos representantes de Anabad Galicia FOTO: Axencias
Roberto Varela e Francisco López Rodríguez durante o seu encontro cos representantes de Anabad Galicia
FOTO: Axencias
A oito días de que se peche o prazo de presentación de candidaturas para dirixir o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a Consellería de Cultura segue sen facer públicos os nomes do xurado encargado de realizar a selección.

A pesar de que outros museos con métodos de elección semellantes ao do galego antepuxeran a publicidade do xurado como unha norma de maior transparencia, o departamento de Roberto Varela parece que vai esgotar o tempo sen revelar quen serán os especialistas encargados de buscar a persoa e o proxecto idóneos para o CGAC, un centro marcado na súa historia pola intervención política en tempos do Goberno de Manuel Fraga Iribarne.

O día 16, xoves, é cando, segundo a orde publicada no Diario Oficial de Galicia (DOGA) conclúe o prazo de presentación. A partir de entón, quedará pouco máis dun mes para avaliar os proxectos presentados, xa que en setembro -anunciou o conselleiro- deberá saberse o nome do elixido ou elixida, un proceso que inclúe unha entrevista entre os finalistas. Polo medio, ademais, queda agosto, un mes tradicionalmente de vacacións.

Mentres, o CGAC segue sen un director á fronte despois de que a consellería cesase repentinamente a Manuel Olveira, un profesional ao que lle prometera continuidade até atoparlle un substituto. A escasa sintonía entre Olveira e Roberto Varela parece que foron o motivo da fulgurante destitución.

O impás afecta especialmente á preparación da próxima temporada, na que o centro debería cumprir as expectativas do Ano Santo, efeméride que atrae a Compostela miles de visitantes.

 

ENCONTRO

Varela promete para esta lexislatura a Lei de bibliotecas

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, e o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López Rodríguez, recibiron onte os representantes da asociación de bibliotecarios e arquiveiros Anabad Galicia aos que lles comunicaron as liñas de traballo do departamento para conseguir un sistema de bibliotecas "moderno e integrado".

Neste sentido, Varela anunciou a presentación en 2010 dunha nova Lei de Bibliotecas na que se está a traballar na súa fase de borrador, coa finalidade de adecuar o marco normativo vixente desde 1989 ás novas necesidades do sector.

O conselleiro asegurou que manterá un "diálogo permanente con todos os profesionais, especialmente das bibliotecas públicas", para a elaboración dun plan e que estudarán as propostas presentadas de cara a deseñar unha "modernización eficaz" dos modelos de xestión, mantendo, e incrementando no posible, as liñas de axudas ás bibliotecas públicas.

Respecto á Biblioteca de Galicia, o conselleiro Roberto Varela confirmou a súa inauguración en 2010, coincidindo co Ano da Lectura, concibíndoa como "un proxecto para todos os galegos".

Chuza esta noticia Os nomes ocultos
Añadir a Menéame la noticia Os nomes ocultos
Añadir a Del.icio.us la noticia Os nomes ocultos
Añadir a Yahoo la noticia Os nomes ocultos
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

enviar

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS