Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Portada » Hemeroteca Web

FORO DO GRUPO CORREO GALLEGO

Renovables e transporte limpo, a aposta para reducir emisións

28.01.2010  Pérez Muñuzuri avoga polos edificios eficientes, o metro, carrís bici e trens de proximidade contra o cambio climático

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

NATALIA SEQUEIRO

O Goberno galego está preparando a súa estratexia para facer fronte ó cambio climático, co fomento das renovables e do transporte limpo como as grandes apostas. Á fronte da coordinación deste programa transversal, que afectará a todas as consellerías, está Vicente Pérez Muñuzuri, que participará hoxe xunto con outros quince expertos na materia no Foro Enerxías Renovables e Cambio Climático, organizado polo Grupo Correo Gallego. O director de Meteogalicia e agora tamén subdirector xeral de Investigación, Cambio Climático e Información Ambiental asegura que a clase política galega está concienciada co quecemento do planeta, de aí que a Xunta leve dende finais do XX traballando nun plan de acción contra o cambio climático que fixará "obxectivos realistas".

Reducir as emisións é clave para atallar un dos maiores problemas ós que se enfronta a Terra e que xa se deixan notar na nosa comunidade, cunhas temperaturas medias en aumento ó mesmo que os episodios adversos meteorolóxicos. Para loitar contra esta tendencia, Muñuzuri apunta que Galicia "só pode xogar nas denominadas emisións difusas, xa que as da industria están reguladas polo plan estatal". Así, a Xunta apostará por mellorar a eficiencia enerxética dos edificios, promovendo a instalación de paneis solares ou outro tipo de tecnoloxías de aforro, e fomentando os coches híbridos. De feito, o programa marco contra o cambio climático terá moi en contra o fomento dos medios de transporte máis limpos, coa creación de carrís bici, trens de proximidade ou metros lixeiros na cidades. "Todo isto axudará a reducir as emisións sen que teñamos que deixar de ter infraestruturas que nos permitan medrar", explica Pérez Muñuzuri, nunha mostra evidente de que o equilibro entre desenvolvemento económico e sostible é posible.

 

A crise económica deixa o medio en segundo plano

Despois de que o goberno bipartito non chegase a aprobar o seu documento contra o cambio climático -no que se traballo dende o 2005-, a nova Xunta popular acaba de presentar o seu propio programa marco 2010-2020. Segundo explica o subdirector xeral, o primeiro bloque -ata o 2012- estrutúrase en tres parte e tratará de incrementar a observación, a investigación e a adaptación. Ademais, fomentará a formación e concienciación cidadá. Algo moi necesario xa que, a pesar de que a sociedade está moi concienciada neste tema, para Muñuzuri é evidente que a crise lle fixo perder posicións.

A AXENDA

Unha quincena de científicos e responsables empresariais vanse citar hoxe no Araguaney para analizar o novo horizonte do sector enerxético ante o cambio climático. O debate, que comeza ás 9 da mañá, estruturarase en dúas mesas. Na primeira, titulada Cambio Climático un reto global participarán: Pérez Muñuzuri; Maruxa Pérez Vázquez, das Empresas Ambientales de Galicia; o catedrático Francisco Díaz-Fierros; Fins Eirexas, de Adega; e Benito Fernández González, de Energía de Galicia. S.A. Ás 11.30 será a quenda de O sector das enerxías renovables: novas oportunidades e novos retos, con Tahoces, o director do Inega; o director de APPA; Iñigo Muniozguren, da Asociación Eólica de Galicia; Mónica Espinosa, de Endesa; Tomás Blanco, de Bioetanol Galicia e Vicente Mena, de Gas Natural.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS