Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 10.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Portada » Hemeroteca Web

A USC analiza o papel das científicas na astronomía

04.05.2009  Será hoxe dentro do exitoso ciclo ‘Unha andaina pola Matemática’

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

O ciclo de divulgación "Unha andaina pola Matemática" da Universidade de Santiago (USC) abordará na sesión de hoxe as particularidades do proxecto Ela é unha astrónoma, incluído no programa do Ano Internacional da Astronomía 2009.

A sesión do ciclo matemático celebrarase a partir das 17.00 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago. A profesora do Departamento de Matemática Aplicada Josefina Ling explicará as actividades que se están desenvolvendo no marco deste programa a favor da visibilización das achegas de vida e de ciencia dalgunhas astrónomas excepcionais de diferentes épocas e países.

Así, a profesora Ling tratará de sintetizar como a astronomía moderna non se pode concibir sen o traballo realizado por todas as mulleres que transmitiron o seu legado.

 

V Curso de Primavera de Humanidades, en Lugo

O V Curso de Primavera da Facultade de Humanidades do campus de Lugo analizará entre hoxe e o venres a situación dos dereitos humanos dende unha perspectiva múltiple, nunha iniciativa enmarcada non programa de actividades de Lugo Cultural. O programa destas xornadas, que conta con 16 conferencias e varias actividades culturais, será presentado hoxe no acto inaugural na Escola de Formación de Profesorado de Lugo ás 19.00 horas.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS