Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Sábado 01.11.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Portada » Hemeroteca Web

infraestruturas

A vía que une O Courel coa A-6: sete anos de obras sen fin

10.01.2010  A Deputación leva desde o 2003 acometendo actuacións de mellora, pero aínda son insuficientes

4.0/5 [4 Voto/s]

2
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

A Asociación SOS Courel acaban de denunciar a situación na que atopa a estrada que vai desde a serra lucense ata a autovía A6, xa que, segundo o colectivo, é vítima "dunha desfeita de obras que durará ata a eternidade".

A Deputación de Lugo fíxose cargo desta vía, que é a principal estrada do Courel(Seoane do Courel- Hospital do Cebreiro), cando, segundo o colectivo veciñal tiña que ser a Xunta de Galicia a que puxera medios e orzamento para facerse cargo da súa mellora. Así no ano 2003, ante a demanda do aumento do tráfico deste víal, a Deputación atreveuse a acometer as obras de mellora da estrada, cuns resultados, segundo SOS Courel, "catastróficos".

O colectivo asegura que sete anos despois de comezar estas obras, "só están rematados malamente 6 quilómetros dos 12 totais. Quédanlle outros sete anos mínimo". "Resulta unha media de menos dun quilómetro por ano", din indignados.

Afirman que o trazado resultante é "moi perigoso" e con "demasida pendente", xa que "non coincide co dos planos do proxecto".

A estrada debeu someterse sometida obrigatoriamente a un procedemento de Avaliación Ambiental por discorrer pola Rede Natura 2000, pero, segundo SOS Coruel, "non consta declaración de Impacto ambiental da Consellería de Medio Ambiente , nin medidas correctoras de ningún tipo". Así, aseguran que os prados de Pontalor foron tapados con cascallos e o río Vilela meteuse por un tubo escuro, na vez de habilitar unha ponte que ao mesmo tempo permitise o paso dos animais por debaixo.

Ademais, as obras "cortaron as antigas canles de regadío sen repoñelas e taparon todo de entullos, onde había prados verdes, hoxe non hai máis que cascallos".

Segundo o colectivo ambientalista, "os taludes e cascalleiras quedaron tal e como os deixaron as escavadoras, e así quedarán por centos de anos", ademais de que "non habilitaron nin un só paso de fauna regulamentario tal e como é perceptivo na lexislación ambiental vixente".

Ademais, desde SOS Courel consideran que nin sequera se respectou o patrimonio histórico. "O inventariado e arquifamoso conxunto histórico minero-romano da Toca foi atravesado" polo novo trazado da vía, "levando por diante o lavadoiro do mineral que había na milenaria explotación, sen que se informara a Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e sen habilitar as pertinentes medidas correctoras".

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS