Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lousame aproba reformas nas escolas de Sanguiñal e Vilacova

No pleno tamén se habilitou un crédito para cubrir as gradas do campo da Silva // Instalarase un parque infantil en Tállara

A unanimidade caracterizou a sesión plenaria ordinaria de marzo na que o Concello de Lousame dotou de financiación ós proxectos de mellora no parque infantil e na escola do Sanguiñal, no centro unitario de Vilacova e no campo de fútbol da Silva.

Así, a Corporación acordou unha transferencia de crédito de 10.800 € para o pintado do citado recinto educativo e os traballos no de Vilacova, "pois entra auga na aula onde se fan as actividades e é necesaria unha drenaxe arredor do edificio para evitar esas filtracións", dixo a alcaldesa, Teresa Villaverde.

A rexedora adiantou que "a maiores, actuaremos nunha pequena beirarrúa que hai na zona para facilitar o acceso de persoas con mobilidade reducida".

Por outra banda, autorizouse unha operación crediticia extraordinaria de 16.214 € para cubrir as bancadas de dito estadio. A mandataria sinalou que "hai ano e medio actuouse na banda da cantina e das gradas e adquirimos o compromiso de facelo tamén nas que faltan, cousa que contempla esta actuación". O grupo de goberno presentou dúas mocións de urxencia que foron aprobadas por unanimidade. A primeria, permitirá que que o persoal do Concello alcance o 100 % das retribucións dende o inicio da incapacidade temporal. A segunda, vai destinada a un suplemento por importe de 14.279 euros para a construción dun parque infantil na parroquia lousamía de Tállara.

24 mar 2019 / 00:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito