Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 09.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Cultura| cultura@elcorreogallego.es

cine

A curta "Sen chumbo" de Jorge Saavedra triunfa no IV Festival de Cans

28.05.2007 Venceu nas modalidades de mellor curtametraxe de ficción, actor, Xulio Abonjo, e actriz, Cristina Castaño //"Promesa" de Fernando Cortizo foi o mellor traballo de animación

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P. • SANTIAGO

A curtametraxe de ficción Sen chumbo, de Jorge Saavedra, erixiuse como gañadora nas modalidades de mellor curta de ficción, mellor actor e mellor actriz no cuarta edición do Festival de Cans que se celebrou dende o día 24 ata onte no Porriño (Pontevedra).

Así, o xurado do Festival premiou Sen chumbo pola súa realización “moi sutil, que consegue contar os puntos de vista de moitos personaxes en pouco tempo”. Tamén valorou o “grande traballo” de montaxe da obra e os “espléndidos” actores da repartición coral.

En canto á galardoada como mellor actriz, Cristina Castaño, os membros do xurado indicaron que creou un personaxe “elegantemente malvado que lle proporciona un contrapunto” á historia.
Segundo engadiron, o premio ao mellor actor recaeu en Xulio Abonjo pola súa composición dun personaxe “no límite” que non obstante “non cae na caricatura”.

Grande éxito

Por outra banda, realizouse unha mención especial a As carreiras secretas de Antón Coucheiro ‘Cou’ xa que constitúe unha obra “moi fresca e moi ben resolta con poucos medios”.

O Festival de Cans, que durante estes días foi o epicentro da creación audiovisual en Galicia, tamén premiou Promesa de Fernando Cortizo como mellor curta de animación pola “complexidade” da súa historia.

O xurado do evento estivo composto pola actriz Mariana Carballal, os actores Víctor Fábregas, Víctor Mosquera, Manuel Manquiña e Javier Gutiérrez, a xornalista Mar Barros e o director Ramón Costafreda.
Segundo indicou a organización, o Festival de Cans concluíu con “grande éxito” de afluencia, sobre todo polo coloquio co actor e director de Pudor, Tristán Ulloa e polo concerto de The Turre’s Band.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS