Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 23.10.2007      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 32 de 34]noticia anterior de Gente y comunicación Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

contido

A luz do fotógrafo Vinayak Das, na revista das artes 'O Ollo Público'

Este número da publicación se formula tamén outros interrogantes como é de autoaxuda o libro de Balmes

2.5/5 [4 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

H.B. SANTIAGO

O número 20 de O Ollo Público, a revista das artes, xa está na rúa. Cunha fotografía de Vinayak Das na portada, adiántase o artigo de Marta Méndez Rebolo -licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago e La Sapienza, de Roma-, titulado O fotógrafo da luz.

Trátase da primeira vez que o fotógrafo indio lle dá o seu permiso a unha publicación española para publicar algúns dos seus traballos.

O cualificativo que lle pon Marta Méndez non é gratuíto, xa que o profesional -de 34 anos- fai un impresionante manexo da luz e, a súa temática, que non deixa indiferente a ninguén, compoñen unha permanente invitación á emoción do espectador.

Cabe mencionar o traballo de Misericòrdia Anglès Cervelló, profesora do Departamento de Filosofía Teorética e Práctica da Universitat de Barcelona, titulado ¿Es el criterio de Balmes un libro de autoayuda?, onde se analiza o pensamento do filósofo nado en Vic (1810-1848).

Ademáis, José Ángel Vilas, profesor de Historia da Música no Conservatorio Profesional de Música de Vigo, con sus Exercicios de estilo, brinda, con poucos trazos, unha valiosa axuda para aprender a amar a música.

Pola súa parte, o director da revista, Fernando Vilaboa Martínez, segue a traballar na campaña de fomento da lectura. Á mesma poden sumarse todos os colectivos interesados en promover a lectura. Para máis datos, a páxina web www.ollopublico.es.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS