Jueves 20.12.2007
Hemeroteca web
|
RSS
Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es |
![]() |
| O dueto de Paulo Ribeiro e Leonor Keil, nunha representación |
Baseada en textos do Livro da Dança de Gonçalo M. Tavares, con música de Bernardo Sassetti, Gilbert Becaud e Bárbara Travadinha, a coreografía reflicte o conflito que se xera entre a figura totalmente feita para a danza de Leonor Keil e o corpo de Paulo Ribeiro, co que se comunica a dificultade de acompañar cos movementos a vontade do corazón de estar outra vez enriba do escenario. A interpretación non esquece a ironía e o humor sempre presentes no traballo do coreógrafo.
As entradas para asistir ás representacións de Malgré nous, nous ètions là poranse á venda no despacho de billetes do Salón Teatro desde dúas horas antes do comezo do espectáculo. Tamén poden adquirise xa no despacho electrónico a través do teléfono 902 43 44 43 ou da web www.caixagalicia.es. O prezo das localidades é de 10 euros (cun desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xove e desempregados).
Natural de Lisboa, antes de afirmarse como coreógrafo Paulo Ribeiro fixo carreira como bailarín en varias compañías de Bélxica e Francia. A súa estrea no dominio da creación coreográfica foi en 1984, en París, no ámbito da compañía Stridanse, da que foi co fundador.
Coreografía e linguaxe persoal
En 1995, fundou a Compañía Paulo Ribeiro, subvencionada polo Ministerio de Cultura portugués, para a que creou as coreografías: Sábado 2, Rumor de deuses, Azul esmeralda, Memorias de Pedra-Tempo caído, Orock, Ao vivo, Comédia Off-2, Tristes europeus-Jouissez sans entraves, Sililcone não, Memórias de um sábado com rumores de azul, Malgré nous, nous étions là e Masculine. O traballo coa súa propia compañía permitiulle a Ribeiro desenvolver mellor a súa linguaxe persoal como coreógrafo .