Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Sábado 26.05.2012  | Actualizado 00.12      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

música

A banda Luar na Lubre percorre todos os 'Camiños da fin da terra'

23.10.2007  O grupo folk máis importante da península presentou onte o seu décimo traballo en Madrid, con 14 novos temas // A fin do planeta é o eixe básico do disco // Bieito Romero cualifica de terrorífico o panorama musical nacional

3.0/5 [2 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P. MADRID

Os compoñentes da banda galega Luar na Lubre, que onte presentou o seu décimo traballo discográfico FOTO: Torrecilla (Efe)
Os compoñentes da banda galega Luar na Lubre, que onte presentou o seu décimo traballo discográfico
FOTO: Torrecilla (Efe)

A banda galega Luar na Lubre presentou onte en Madrid o seu décimo traballo discográfico, Camiños da fin da terra, 14 novos temas que abordan a fin da terra como eixe básico. Bieito Romero, instrumentista do grupo, recoñeceu que o que hai nestes momentos que a súa música "sexa coñecida" fóra de España é Internet, aínda que se dá o paradoxo de que debido á pirataría na rede o panorama do folk no noso país sexa "terrorífico".

Así o cualificou onte este integrante da banda de folk máis importante da península, ao tempo que sinalou que só en Youtube a banda recibiu máis de 25.000 entradas. Romero sinalou que o xeito de facer música do grupo segue latente neste último traballo. "Por un lado escollemos música tradicional pouco elaborada. Tamén incorporamos composicións propias e ademais facemos versións de cancións coñecidas", explicou. Este é o caso de Os animais que ademais serviu para editar un videoclip dedicado ao seu público máis fiel, o infantil.

Britonia, en recordo dos celtas bretóns; O son das augas, un xesto recoñecido ás augas que manan de fontes e montañas; A barca da pedra, un alalá moi antigo que narra como a Virxe chegou a terras de Muxía; María Soliña, personaxe histórico torturado pola Inquisición; ou Centeas, unha homenaxe ás conserveras, redeiras e lavadoras, son outros temas deste CD.

"Este é un disco relacionado coa maxia e a tradición que fan de Galicia un país diferente", sinalou. Máis de 21 anos despois da creación do grupo, Luar Na Lubre é agora "unha banda que toca mellor e que fai as cousas máis coidadamente". Algo produto da "veteranía", argumentou Romeiro. "Nós editamos un disco cada dous anos. Isto só se consegue tendo horario de traballador", indicou. Ter o seu disco dez na rúa non lles dá ningunha vertixe, senón que lles anima a seguir na brecha. "O que si nos dá vertixe é a encrucillada que está a vivir a música e que non sabemos a onde nos levará".

"O panorama do folk en España é terrorífico. Non hai industria, xa non se compra e o traballo que hai detrás non se valora. Esta é unha situación case límite porque todo se pode baixar de Internet", dixo. Paradoxalmente, para Bieito Romero hoxe as novas xeracións teñen unha gran calidade, aínda que se atopan a miúdo "coas portas pechadas".

O DATO

Xira por España e polo estranxeiro

Luar na Lubre iniciará o próximo día 25 de outubro a súa xira nas cidades españolas como Burgos, Bilbao, San Sebastián, Barcelona, Madrid, Pamplona, Tenerife, Lleida ou Xixón, entre outras, ademais de recalar tamén en Frankfurt, Eindhoven e Nieuwegein, en Alemaña

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS