Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting
Google

Miércoles 25.05.2016  | Actualizado 07:55 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Gente y comunicación | sociedad@elcorreogallego.es
  • Imprimir
  • Enviar por correo

ingreso

O profesor Rutherford será desde o sábado novo académico de honra da RAG

Será Antón Santamarina quen responda o discurso do director do Centro de Estudos Galegos de Oxford

AGN • SANTIAGO   | 03.10.2008 
A- A+

O profesor John Rutherford lerá este sábado o seu discurso de ingreso como membro de honra na Real Academia Galega, centrado no Fermoso sorriso do profeta Daniel. Responderá ao discurso o académico Antón Santamarina Fernández. A corporación acordou nomear a Rutherford como académico de honra ao consideralo "o representante máis destacado do hispanismo británico en relación con Galicia".

Profesor titular de lingua e literatura hispánicas no Queen's College da Universidade de Oxford, dende hai 40 anos, e director do Centro de Estudos Galegos na mesma universidade dende 1991, Rutherford (Inglaterra, 1941) publicou no 2004 o seu primeiro libro en galego, As frechas de ouro. Tradutor ao inglés de obras como La Regenta e Don Quijote, publicou no 2001 a súa Breve historia del pícaro preliterario, que amosa que este personaxe principal da literatura española e universal é de orixe galega. Dirixe un obradoiro de tradución literaria no Centro de Estudios Galegos da Universidade de Oxford. Ten a medalla Castelao (1998) e o Pedrón de Honra (2003).

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS