Martes 09.02.2010  |  Actualizado 16.43      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
El Correo Gallego
Google
[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es  |  RSS - Gente y comunicación RSS

escritoras

O Padre Sarmiento abre este luns o ciclo 'Vida e tempo de Sofía Casanova'

15.11.2008 O encontro evoca a figura da narradora, poeta e correspondente de guerra coruñesa ·· Unha mostra e varios relatorios lembran a autora a 50 anos do seu pasamento

2.0/5 [3 Voto/s]

Atrás Imprimir Recomendar Aumentar texto Reducir texto

AGN • SANTIAGO

O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento comeza este luns o ciclo Vida e tempo de Sofía Casanova. A actividade coincide co 50 aniversario do pasamento en Polonia da escritora, poetisa e correspondente de guerra nada en Culleredo en 1861.

Así, a sede do Instituto Padre Sarmiento en Santiago acollerá o luns ás 19.30 horas a inauguración da exposición Novas e vellas edicións de Sofía Casanova, e contará coa presenza do director do IEGPS, Eduardo Pardo de Guevara; do coordinador do ciclo, Antón Pazos, e con Ewa Pawolowska, presidenta da Asociación Polonia en Galicia.

Tras a inauguración, terá lugar a conferencia La atormentada Polonia de Sofía Casanova, a cargo do profesor de eslavística na Universidade Complutense de Madrid e experto en literatura hispano-polaca, Gregorz Bak. Para rematar, proxectarase o filme Generación.

A mostra conta con libros e pezas sobre Casanova e comprende o período de tempo que vai de finais do século XIX a mediados do século XX. Alí exporanse as principais obras da autora, así como traballos de investigación, biografías ou reedicións dos seus libros recentes. A exposición permanecerá aberta ao público ata o 28 de novembro con entrada de balde.

Ao longo do mes sucederanse conferencias e mesas redondas arredor deste personaxe. Así, o martes, ás 19.30 horas, o director e a xefa de produción de Saga, Marcos Gallego e Inés Colmeiro, e a profesora da Universidade de Santiago Rita Martín falarán de Sofía Casanova en el cine. Ao remate da charla programada, pasarase o documental A outra Galicia, de Marcos Gallego.

Ao día seguinte, a profesora María del Rosario Martínez falará da traxectoria vital da escritora, e proxectarase o filme polaco Kanal. Sofía Casanova e as primeiras mulleres correspondentes de guerra será o tema do que falará o vindeiro xoves 20 de novembro a profesora Olga Osorio, e proxectarase Sin novedad en el frente.

Pola súa banda, a profesora Carmen Blanco falará o martes 25 de novembro sobre Mulleres e literatura na Galicia de Sofía Casanova, mentres que a profesora da Universidade de Liverpool Kirsty Hooper abordará o declive da muller intelectual no século XX español.

O DATO

Películas e debate

O xoves 27, Kirsty Hooper, Antón Pazos e a profesora Mª del Rosario Martínez participarán na mesa redonda Retrato ideológico de Sofía Casanova. Proxectaranse tamén filmes como To be or not to be, La pasajera ou Las bostonianas .

Chuza esta noticia O Padre Sarmiento abre este luns o ciclo 'Vida e tempo de Sofía Casanova'
Añadir a Menéame la noticia O Padre Sarmiento abre este luns o ciclo 'Vida e tempo de Sofía Casanova'
Añadir a Del.icio.us la noticia O Padre Sarmiento abre este luns o ciclo 'Vida e tempo de Sofía Casanova'
Añadir a Yahoo la noticia O Padre Sarmiento abre este luns o ciclo 'Vida e tempo de Sofía Casanova'
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

enviar

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS