Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Sábado 19.04.2014  | Actualizado 00.00 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Gente y comunicación | sociedad@elcorreogallego.es

rede

O Cultur.gal acolle a proposta Falemos de libros da AELG

Medio cento de autores e autoras intervirán nesta iniciativa de gravación de entrevistas // Os novos libros de Manuel Rivas, Teresa Moure e Santiago Jaureguizar

REDACCIÓN • SANTIAGO   | 30.11.2008 
A- A+

O Cultur.gal, a Feira Galega das Industrias Culturais promovida pola Consellaría de Cultura e Deporte, acollerá o programa Falemos de libros. Conversas con autores e autoras en galego, da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), unha proposta de gravación de entrevistas breves, para a súa posterior emisión a través da rede.

Ao longo dos 4 días da feira -do 4 ao 7 de decembro-, no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña, ao redor de 50 escritores e escritoras participarán nestas conversas. A asistencia está aberta a todo o público.

Entre os autores e autoras que serán entrevistados no Cultur.gal figuran nomes como Yolanda Castaño, Xurxo Souto, Xavier Alcalá, Santiago Jaureguizar, Rosa Aneiros, María Reimóndez, Enma Couceiro, Chelo Suárez, Manuel Lourenzo Pérez, Pilar García Negro, Manolo Rivas, Lino Braxe, Antía Otero, Antón Reixa, Camilo Franco, Bieito Iglesias, Carlos Negro, Estíbaliz Espinosa, Xabier P. Docampo, Xosé Vázquez Pintor, Xulio López Valcárcel, etc.

A iniciativa Falemos de libros, pretende achegar os autores e autoras representativos do país aos seus lectores. No Cultur.gal realizarase preto dunha trintena de presentacións editoriais, entre as que figuran os últimos libros de escritores destacados do panorama literario galego. Un deles é A corpo aberto, de Manuel Rivas, unha obra xornalística de análise e denuncia. Será o sábado 6 ás 20.00 horas.

A súa vez, Teresa Moure presenta o ensaio crítico O natural é político, unha reflexión sobre o modelo de desenvolvemento económico actual e os problemas globais do planeta (quecemento, cambio climático, contaminación...). A presentación será o venres ás 19.00 horas.

No eido da literatura, destaca a presentación do último libro de Santiago Jaureguizar, titulado: O globo de Shakespeare. Esta obra narra a deriva da vida dunha serie de personaxes tras o achado do primeiro Hamlet, a obra do soño e a morte, no pazo de Ribadeo. Presentarase o sábado ás 12:30 horas.

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS