Canal Ocio
Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Portada » Hemeroteca web

edición

O libro 'Galicia 360' oferta unha ollada única das paisaxes galegas

26.01.2008 O volume, que asina o fotógrafo Ricardo Cambón, foi presentado onte en Santiago // Reúne fotografías panorámicas de paraxes naturais, urbanas e de festexos

2.4/5 [8 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

AGN • SANTIAGO

J. Luis Teófilo, esda., e Cambón
J. Luis Teófilo, esda., e Cambón

O libro Galicia 360 reúne 98 fotografías panorámicas de gran formato que abranguen 360 grados de visión das paraxes naturais e festas de Galicia. As imaxes saltan da rede ao papel, xa que o libro nace dun proxecto web (www.galicia360.com) do fotógrafo Ricardo Cambón, que permite visitar Galicia grazas á realidade virtual.

Así, Cambón explicou onte na presentación en Santiago que as fotos condensan un traballo de sete anos percorrendo Galicia, estudando as luces e a composición para artellar unha imaxe en torno ao fotógrafo e ao espectador.

O auxe de internet

A técnica da fotografía en 360, "en auxe por mor de internet", combina técnicas fotográficas e de infografía tridimensional, que ten como resultado unha "imaxe diferente, ás veces próxima ao cómic". Deste xeito, permite "descubrir Galicia doutra forma", tal como a ve o propio fotógrafo, coas súas paraxes naturais "impresionantes" e as súas festas, conxeladas co obxectivo de Cambón. "É un diamante agochado, fai falla ensinalo", sinalou.

O volume permite contemplar dende unha perspectiva única espazos como o cabo Fisterra, o Camiño de Santiago en Portomarín, a praia das Catedrais, a muralla de Lugo, a Ribeira Sacra, Cabo Home, a praia da Lanzada, O Cebreiro ou as Illas Cíes.

A editorial, Teófilo Comunicación, afronta este traballo como "un proxecto para Galicia", xa que "dende a empresa privada tamén temos que promocionar o país". Polo de agora saíron do prelo 2.000 exemplares que se distribuirán por Galicia e tamén a Madrid, coa intención de expandirse a outros lugares fóra da comunidade.

O fotógrafo afirmou que é probable que haxa unha segunda parte do libro e que "quizais sería interesante facer un libro protesta das atrocidades" que atopou neses sete anos nas paisaxes galegas.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS