Martes 30.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
Portada » Hemeroteca web

Entrevista

Concha Buika: “Antes cantábaselle á verdade e para redimirse”

11.05.2008 Coplas de desamor desde o estómago e non desde o corazón. Concha Buika regresa con ‘Niña de fuego’ logo do éxito de ‘Mi niña Lola’. A súa propia vida inspira os seus cantos en prol de amor. “Cando unha nena da Coruña chora e se sente mal, canta o mesmo que unha de Singapur”. Hippysmo que recupera o folclore. Unha voz que segue a emocionar

0.0/5 [0 Voto/s]

Atrás Imprimir Recomendar Aumentar texto Reducir texto

DANIEL DOMÍNGUEZ

A cantante Concha Buika durante a súa actuación no Festival Internacional do Mundo Celta de 2006 FOTO: Kiko Delgado
A cantante Concha Buika durante a súa actuación no Festival Internacional do Mundo Celta de 2006
FOTO: Kiko Delgado
Concha Buika rompe cos tópicos estéticos dunha folclórica, mais entende a vida como unha copla e réndelle vasalaxe a este xénero como se dun mantra sagrado que agocha as verdades da vida se tratase. De feito, confesa que vive unha copla, logo de dous anos de desamor que marcaron a xestación e nacemento de Niña de fuego, o seu terceiro disco, que veu presentar o luns pasado á Coruña cun concerto íntimo para unhas 150 persoas organizado por 1906, que colabora coa productora da artista, a Casa Limón dirixida por Javier Limón.

Buika semella máis que unha folclórica unha hippy da copla, combinando as sentenzas coas bromas cos xornalistas que a entrevistan. Rise da vida e só pide amor a cambio logo de romper co pai do seu fillo e vivir un trío ó que incorporou a África. "Xa non me van os tíos", bromeou durante o concerto. Porén, a extravagancia do contacto directo con ela, cinguido a dez minutos pola maratoniana xornada de promoción, difumina a persoa que aparece no seu apoxeo en directo, coa súa voz esgazada e de veludo a un tempo. Está contenta porque vive. "O que sobrevive a unha copla, pode facer con ela o que queira: cantala, pintala ou vivila", di.

Logo de arrasar con Mi niña Lola, Buika mantén a capacidade para lanzar lategazos como Miénteme bien ou La falsa moneda dúas das pezas que interpretou na Coruña, concerto que pechou coa ranchera Volver, máis melancólica e esgazada ca nunca.

"Antigamente cantábaselle á verdade e ó que un sentía, agora faise máis ó ego. Vós sabédelo ben porque o voso cante é esa onda", comenta antes de declararse seguidor das Leilía. Aí agroma o universalismo que impregna a súa vida e a súa música. "Non somos iguais pero somos o mesmo. Cando unha nena está no seu pisiño da Coruña chorando e pasándoo mal porque se sente soa, sente o mesmo ca outra que está en Singapur", sostén.

A súa filosofía chega tamén ó eido musical. "Escoitas a Bunbury e é pura copla. E Billie Holiday é puro cante; Camarón é jaz; e as Leilía son jazz africano", resume.

Durante a hora que cantou na Coruña foi relatando unha crónica de desamor e de soidade inevitable. Un dos exemplos foi Miénteme bien, un dos temas firmados por ela, anque outros foron escritos por Javier Limón, ademais dalgunhas pezas clásicas recuperadas. "Ese tema compúxenllo á soidade que sentía cando quería que alguén me tocase e non había ninguén", conta.

Sobre o tema tivo unha curiosa conversa coa xa lendaria Chavela Vargas, dona de noites de tequila no Tenampa, que lle espetou: "Nena boba, a soidade é a maior das liberdades". "Home, pero a estas idades é unha mágoa, o que quero é que nos toquemos todos un pouco máis, que agora a xente quere orgasmos posmortem", sorrí.

A presenza de Buika na Coruña non estraña, logo da estreita colaboración entre 1906, marca pertencente a Estrella Galicia, e Casa Limón, que cristalizou no Festival Intercéltico de Ortigueira de hai dúas edicións, nunha das propostas máis fallidas que se lembran naquelas terras. Porén, o éxito acompaña a Limón desde que asinara a produción de Lágrimas Negras, ese man a man máxico e inmortal de Diego El Cigala e Bebo Valdés. Naquela voráxine, xurdiu Buika, nada en Palma de Mallorca e de pais de Guinea Ecuatorial.

Foi Mi niña Lola o tema que lle abriu as portas do gran público cunha proposta selecta pero apta para un gran público. Recuperaba e actualizaba a copla do mesmo xeito que artistas como Bunbury, dándolle un selo persoal mantendo a identidade dun xénero que ela non considera que estivese en crise. "Nunca crin que a copla estivese en crise. O ser humano é crise constante e depende diso para evolucionar", di mentres apura unha calada a un cigarro durante o paseo durante o que a acompaña o xornalista.

¿E que disco é Niña de fuego? A risa torna contaxiosa. "Non o sei. Non fago os discos para min. Escóitoos cando os termino e este foi de pena porque durante os dous últimos anos foron de desamor, así que este é un disco de desamor", logra dicir.

Buika comeza a conversa gabando a Galicia, esa "África do norte" pola que xa pasou algunhas veces. "Sodes moi tribu, como a min me gusta", rise. Amor universal e lonxe o rancor e o odio incluso despois dunha historia fallida. "¿Odio para que? Non podes castigar a ninguén nin a ti así. Non poder culpar a un cego de non ver porque non todo o mundo está preparado para saber mirarte, papá", reflexiona.

Antes de rematar, deixa de novo unha sentenza a modo de mantra que se debe repetir no espello ou ante os xornalistas que durante tres horas pasan diante dela facéndolle as mesmas preguntas. "Odio o vitimismo. Hai que ter coidado coas vítimas porque sempre entran morrendo e saen matando", espeta.

Chuza esta noticia Concha Buika: “Antes cantábaselle á verdade e para redimirse” Añadir a Menéame la noticia Concha Buika: “Antes cantábaselle á verdade e para redimirse” Añadir a Del.icio.us la noticia Concha Buika: “Antes cantábaselle á verdade e para redimirse” Añadir a Yahoo la noticia Concha Buika: “Antes cantábaselle á verdade e para redimirse” Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

enviar

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS