Canal Ocio
Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Domingo 05.09.2010  | Actualizado 20.49      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Portada » Hemeroteca web

Entrevista

Álvaro Muras, funk fusion

29.09.2006 Este músico nacido en Montevideo (Uruguay) foi crecendo no barrio de Monte Alto, na Coruña, terra de rúas bravas e bravús, case está obrigado a facer da valentía un xeito de interpretar música

3.2/5 [12 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

XABIER SANMARTÍN . SANTIAGO

Álvaro Muras durante o seu concerto do pasado día vinte nos estudios da emisora galega Radio Obradoiro FOTO: HV
Álvaro Muras durante o seu concerto do pasado día vinte nos estudios da emisora galega Radio Obradoiro
FOTO: HV

Tendo en conta que este músico nacido en Montevideo (Uruguay) foi crecendo no barrio de Monte Alto, na Coruña, terra de rúas bravas e bravús, case está obrigado a facer da valentía un xeito de interpretar música. Vanlle os riscos, máis nos directos que nas distancias curtas, como quedou claro cando, logo dunha hora de pelexa, foi quen de superar os problemas técnicos imprevistos para sacar adiante un concerto nos estudios de Radio Obradoiro (102.1 FM, Santiago e comarca de Compostela; 100.7 FM, A Coruña + Ordes+ Carballo; 95.0 FM, comarca de Arousa + Barbanza), en Santiago, en La Ganzúa, que emite de luns a venres de 22 h a 24 h

¿Cando arranca a aventura de saír en solitario a facer concertos sen máis compaña que un baixo...?

Veño de tocar en varios grupos locais, orquestras e demais, pero hai cousa dun ano e algo, no verán do ano 2005, deume por tocar notas na casa, por experimentar, por tocar sen máis e foron saíndo cousas... iso si, non vou só co baixo, levo unha caixa de ritmos para que a cousa teña máis variedade, aínda que, curiosamente, os temas que máis lle gustan á xente nos directos son aqueles co baixo en solitario.

Revisando a túa web queda claro que a cousa vai bastante ben, porque nos últimos meses deches case vinte concertos...

Eu procuro facer un concerto cada quince días, en vez dun mes con moitos, prefiro que haxa unha continuidade na xira, e logo un concerto vaiche levando a outro. Por agora telo tocado en varios locais do que se pode chamar o circuíto da Coruña de bares e pubs que apostan por facer música en vivo, dende lugares como As Vides, A Diablita, no pub La Troya...

Á parte do repertorio propio, que máis metes na actual xira...

Cousas variadas, dende un tema de Marcus Miller, pasando por unha versión dun corte da banda sonora de Macini para a película A Pantera Rosa, ata unha peza de Queen... Procuro facer concertos de dous pases, cun descanso en medio, e coa experiencia vas aprendendo onde meter cada tema, vas notando como reacciona o público, aínda que sempre hai sorpresas. Lémbrome dun concerto que din cun músico amigo, que toca a batería en Miki Nervio e os seus Bluesmakers, e entón un pequeno erro fixo que el me soltara unha nota como resposta porque eu dei unha de máis, logo continuamos improvisando e rematamos cun tema que provocou unha grande ovación, e no seguinte tema, que o tiñamos máis preparado, a xente quedou algo fría, cando é ó revés, tes que ir de menos a máis, pero é a maxia dos directos. Ás veces, escoitas aplausos e quedas coa pel de galiña da emoción.

Pensas en facer un grupo propio?

Algo diso penso ás veces, é posible que máis adiante opte por montar unha banda e ver que cousas saen, a colaboración entre músicos é algo positivo, eu ás veces toco con xente que fai música brasileira, sons nos que a base rítmica é importante e resulta unha pasada...

www.alvaromuras.info

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS