El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

A banda deseñada arrasa nos préstamos da Ánxel Casal

O centro cultural nomea a tres adultos e tres cativos como socios de honra pola súa actividade lectora // 'Blueberry' é o cómic máis solicitado nos adultos e 'Naruto' nos máis cativos

Espazo infantil da biblioteca - FOTO: Biblioteca Ánxel Casal
Espazo infantil da biblioteca - FOTO: Biblioteca Ánxel Casal

J.E. SANTIAGO  | 12.01.2017 
A- A+

Este mércores 11 de xaneiro as bibliotecas públicas de Galicia organizaron o ‘Día do usuario das bibliotecas’. A iniciativa ten como fin dar a coñecer os servizos e actividades destes centros e pon o inicio ao Calendario do Libro e da Lectura en 2017. Unha delas foi compostelana Ánxel Casal. Así a dirección deste centro cultural fixo este mércores un percorrido guiado para dar a coñecer os obradoiros e mostras bibliográficas. Ademáis nomeou a seis persoas, habituais deste espazo, como socios de honor. Son tres adultos e tres rapaces de curta idade.

Son persoas recoñecidas por ser os que máis libros levan en préstamo. Darálles a posibilidade de levarse un maior número de obras das permitidas habitualmente. No caso dos adultos ata 25 exemplares (dez de adultos, dez de infantís e 15 en outros materiais como música, películas). Os máis pequenos poden elexir ata 20 exemplares.

Pechado o ciclo do 2016. Desde a biblioteca compostelá informan de que no pasado ano, neste centro se fixeron de media 460 préstamos diarios, dunha cifra total de 133.416 exemplares anuais. Deses, 103.928 foron escollidos en lingua castelá, namentres que 14.548 estaban escritos na nosa lingua. En canto a tipoloxía de libros destacan as demandas de banda deseñada.

Nos libros para adultos topamos nas tres primeiras posicións obras feitas nesta arte narrativa. 'Blueberry' (103 préstamos), 'Monster' (con 93) e 'Estela' (con 83). A lista complétase cunha boa morea de libros neste formato. Éstes son, precisamente, os libros preferidos por dous dos socios recoñecidos pola Ánxel Casal. "Soen visitar diariamente as instalacións", recoñecen.

En canto os lectores infantís explican que se trata de tres nenas de 8, 10 e 11 anos. "Hai dúas irmáns, e cando se van levan mochilas cheas de libros", comentan desde a biblioteca. Os nenos tamén prefiren a banda deseñada para levarse a casa. De feito nos tres primeiros postos localizamos as obras 'Naruto', ‘Dragon Ball’ o ‘Tus Cuentos Clásicos’ Chama a atención a especial demanda das dúas primeiras obras, con 428 e 347, moi por riba das 80 da terceira na lista.

Na actualidade este centro cultural conta con 37.756 usuarios inscritos, que poden acceder a un catálogo de obras que ronda os 160.000 exemplares. A media diaria de visitantes está polas 1.000 persoas. En canto ó rango de socios máis nutrido aparecen as mulleres de entre os 25 e os 35 anos de idade, que habitan na súa maioría no código postal 15705, séguenlle os homes entre 14 e 24 anos. Os estranxeiros máis numerosos son os latinoamericanos.

Ademáis dos obradoiros e das dinámicas habituais dunha biblioteca, a Ánxel Casal ten una páxina web que ten entre 10.000 e 11.000 visitas ao mes. Tamén está presente nas redes sociais. Conta 6.030 amigos da páxina de facebook e 1.841 seguidores na conta do twitter. Todos estes espazos de comunicación serven tamén para contribuir á participación activa das persoas interesadas na cultura.

Esta iniciativa implica a varias bibliotecas como as de Ourense e de Lugo, a Miguel González Garcés de A Coruña, a Pública de Vigo Juan Compañel, e a Pontevedra Antonio Odriozola e mais da Biblioteca de Galicia, centros que xestiona a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura.