El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Quen debe xestionar os comedores: Concello ou Xunta?

Con 11 apartados, a enquisa serve para valorar aspectos como o nivel de satisfacción dos nenos ou a elaboración dos alimentos // Tamén pregunta canto estaría disposta a pagar cada familia

O prazo para entregar a enquisa cuberta remata esta semana
O prazo para entregar a enquisa cuberta remata esta semana

E.O. SANTIAGO  | 19.01.2017 
A- A+

Calidade, cantidade, horario, relación do monitorado cos nenos… Son algúns dos aspectos que recolle a enquisa que a Fanpa vén de distribuír nos colexios públicos de Compostela. Con 11 apartados, o cuestionario permite que os pais valoren a elaboración dos alimentos, a súa procedencia ou o que estarían dispostos a pagar (nun rango de catro a oito euros). Salvo que dispoñan dunha bolsa, cada familia aboa 4,5 euros por menú (o prezo real é 5,30).

Concello ou Xunta? En quen debe recaer a xestión? É outra das preguntas que formula o documento remitido ás familias. Tamén alude ó peso que cadaquén outorga á formación do monitorado ou a planificación educativa do servizo. Xa por último, solicítase a opinión dos nenos.