El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

A Real Academia Galega apoia que Lavacolla leve o nome de Rosalía de Castro

SANTIAGO E.P.  | 20.01.2017 
A- A+

A Real Academia Galega (RAG) adheriuse á proposta do grupo municipal de Compostela Aberta para reclamar que o Aeroporto de Santiago leve o nome de Rosalía de Castro. O pleno municipal deste xoves aprobou por unanimidade a proposta do grupo de goberno local, que insta o Ministerio de Fomento e a Aena a que cambien a denominación do aeródromo de Lavacolla.

O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, manifestou por escrito a "adhesión entusiasta" desta institución á iniciativa e considerou que o nome da poeta galega debería "figurar en letras supermaiúsculas e luminosas, como luminosa é a vida e a obra literaria de Rosalía de Castro.

"Cando, no futuro, cheguen a este aeroporto viaxeiros estranxeiros, a nova denominación invitaralles a interesarse pola vida e a obra da grande escritora, e cando os que cheguen sexan galegos, estou seguro de que todos eles experimentarán unha emoción especial ante o nome de quen foi a nosa defensora e a voz da literatura galega moderna", conclúe o presidente da RAG.