El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Reclaman instalacións deportivas públicas para o barrio de Meixonfrío

O BNG presentará unha moción no vindeiro pleno coas reclamacións veciñais

ECG  | 15.03.2017 
A- A+

Santiago. O grupo municipal do BNG trasladará ao vindeiro pleno demandas do barrio do Meixonfrío, para que se proceda ao rozado de vexetación en tres fincas municipais, á instalación dun parque xeronto-infantil e á construción dunha pista polideportiva.
No barrio de Meixonfrío atópanse tres fincas municipais que están cheas de maleza, na rúas Queimada y Mallou e na glorieta do Cruceiro da Coruña. “A veciñanza está farta de ver subir as silveiras polas paredes das súas casas e de que invadan as beirarrúas. As árbores atópanse sen podar dende hai anos coa consecuente caída de polas nas beirarrúas e incluso na estrada, o que pode causar accidentes”, denuncian.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt