El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

O Parlamento galego reclama a axilización da obra da nova depuradora de O Souto

ECG  | 16.03.2017 
A- A+

Santiago. O deputado socialista Xoaquín Fernández Leiceaga emprazou onte ao goberno galego a “facer todo o posible para desbloquear canto antes” as conversas co Concello de Santiago para comezar cos trámites da Edar de O Souto. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Obras Públicas, na que alertou dun “grave problema de incumprimento de prazos”.
Leiceaga lembrou que foi o goberno do PP no Concello o que decidiu desbotar en 2011 o proxecto de Silvouta, xa orzamentado e con tódolos trámites administrativos pechados, para levalo a O Souto. Daquela, o custe da obra pasou a ser “substancialmente maior do previsto”, e advertiu que a Xunta e o Goberno central intentaron trasladar unha “carga desproporcionada” ao goberno local.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt