El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

na Reixa Tenda/Matrioska

Concerto de Esposa e o seu disco debut

ECG  | 29.03.2017 
A- A+

Se existe un híbrido entre Beat Happening, os Pixies, Yo La Tengo e os Modern Lovers, ten que ser Esposa e está a nacer en Galicia. Formado ademais por figuras capitais do underground galaico, o debut de Esposa - Xardín Interior, 31 de marzo (via Prenom) - promete e moito. Estarán a presentar o seu disco de debut cunha pequena festa o mesmo venres 31 ás 19h na Reixa Tenda/Matrioska de Santiago de Compostela (Rúa do Hórreo, 46), coincidindo coa publicación oficial de "Xardín Interior".

Para romper o xeo ofrecerán un concerto acústico interpretando cancións do álbum, seguindo, tralos aplausos, cuns petiscos cociñados por eles mesmos, bebidas e as propias integrantes da banda poñendo boa música. Todo moi familiar e bonito. Tamén alí poderás facerte co disco en formato físico, claro.