El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Organizan un encontro de marcha nórdica para promover o exercicio

REDACCIÓN  | 05.04.2017 
A- A+

Santiago. O Servizo de Cardioloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago organizou onte unha andaina de Marcha Nórdica con motivo do Día Internacional da Actividade Física, que se conmemora o 6 de abril. Nesta iniciativa contan coa colaboración da asociación de pacientes e familiares que realizaron o programa de Rehabilitación Cardíaca do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, Corazonadas e co Club Marcha Nórdica Galicia. Por segundo ano consecutivo, o Servizo de Cardioloxía a XXI de Santiago súmase ao chamado da OMS que mediante resolución oficial insta aos estados membros a celebrar anualmente un día Move for health para promover a actividade física como elemento de saúde e benestar.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt