El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

"No serán coñeces xente e aprendes"

Mozos e mozas de Santiago e comarca xúntanse para bailar muiñeira o primeiro xoves de cada mes convocados pola Asociación Cultural Seráns en Compostela // Non fai falta ser un experto para pasalo ben, e de feito celébrase previamente un obradoiro de iniciación

Membros de agrupacións tradicionais e bailadores ‘amateurs’ mestúranse na Sala Malatesta cada primeiro xoves do mes.  - FOTO: A.C. Seráns de Compostela
Membros de agrupacións tradicionais e bailadores ‘amateurs’ mestúranse na Sala Malatesta cada primeiro xoves do mes. - FOTO: A.C. Seráns de Compostela

SANDRA ROMERO  | 10.04.2017 
A- A+

A promoción da música e o baile tradicional é o que move aos integrantes da Asociación Cultural Seráns en Compostela. O colectivo xurdiu no ano 2004 por iniciativa dun grupo de xente vinculada á música tradicional. O obxectivo era coordinar e xestionar os seráns, ruadas que naceron no rural e que agora se celebran en Santiago unha vez ao mes. Comezaron a se organizar na Sala Nasa. Despois pasaron pola antiga discoteca Sarela, pola Nave de Vidán e o pasado ano, voltaron ás orixes da rúa de San Lourenzo, á Sala Malatesta.

O último serán foi o pasado xoves, cos grupos Os Atrevidos de Barcala, Faíscas de Pontraga e a agrupación santiaguesa Brincadeira, tocando para os bailadores e bailadoras. Raquel López Veleiro, que pertence á asociación organizadora, explica que as bandas participantes adoitan ser das escolas da comarca ou grupos xa recoñecidos con discos no mercado. "Temos moita sorte porque moitos piden para vir tocar aquí", sinala. "E para rematar, á 01.00, hai foliada aberta para quen queira seguir coa festa -e poida!-".

 

 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt