El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Procesión da Esperanza, unha Virxe portada só por mulleres

Saíu das Ánimas nunha tarde de sol brillante con moito público nas rúas

Un grupo de mulleres cargando coa imaxe da Virxe na procesión da Esperanza, en Santiago este domingo de Ramos - FOTO: ECG
Ver galería
Un grupo de mulleres cargando coa imaxe da Virxe na procesión da Esperanza, en Santiago este domingo de Ramos - FOTO: ECG

SANTIAGO. REDACCIÓN WEB  | 10.04.2017 
A- A+

É tradición desde sempre: as que cargan coa imaxe da Virxe son exclusivamente mulleres. A procesión saíu das Ánimas este domingo de Ramos ás seis da tarde, e percorreu as rúas do Santiago vello con solemnidade, acompañada da música dos tambores nun día de sol brillante e con presenza de moito público. Mulleres, homes, nenos e nenas vestidos con hábito de sarga negra con alba, puños e capuchón vermello, y cíngulo vermello y beis. Varios e varias confrades foron descalzos, e o paso de Xesús crucificado portárono cativos e cativas. Os datos histórico-artísticos din que no ano 2015 a confraría estreou a súa talla titular restaurada polo compostelán Manuel Rodríguez Rocha. A talla, obra de Bernardino Mosquera, vén do ano 1877. A virxe conserva os bordados do vestido datados nese ano do século XIX.