El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Denuncian a “cortina de fume” de CA cos centros veciñais

ECG  | 20.04.2017 
A- A+

Santiago. O portavoz municipal do BNG, Rubén Cela, cualificou de “cortina de fume” o anuncio do alcalde, Martiño Noriega, de levar á Fiscalía a xestión dos centros socioculturais durante as épocas pasadas cando levan un ano sen soporte legal nin contractual.
Para Cela, un goberno municipal “non só ten a lexitimidade, senón a obriga de acudir á Xustiza no caso de detectar calquera tipo de práctica irregular ou que intencionadamente teña causado un grave prexuízo para a institución”, explicou en rolda de prensa. Mais dende o punto de vista do BNG non é esa a motivación do de Compostela Aberta á hora de elevar á Fiscalía a xestión dos centros en épocas pasadas.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt