El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Urxen a Raxoi que poña ramplas automáticas en todos os buses

REDACCIÓN  | 25.04.2017 
A- A+

O Grupo Municipal Popular presentará no pleno desta semana que celébrase no Pazo de Raxoi unha iniciativa relativa á dotación de ramplas automáticas de acceso en todos os autobuses urbanos de Santiago.
Os populares, que recordan que na actual frota de autobuses aínda existen bastantes unidades que non dispoñen deste sistema de acceso, preguntan polas previsións do Goberno local para que a totalidade dos vehículos que conforman o sistema de transporte urbano dispoñan deste mecanismo para as persoas con mobilidade reducida.
Tendo en conta que o Concello de Santiago aínda non levou a cabo a necesaria renovación integral dos vehículos, o Grupo Municipal Popular formulará unha pregunta local sobre os plans de Compostela Aberta ao respecto “de romper coas barreiras actuais e garantir a accesibilidade de toda a veciñanza a este transporte público”.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt