El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Obras na igrexa de Santa Cristina de Fecha

O Consorcio saca a concurso as actuacións, cun custo de 27.000 euros // O arquitecto da Oficina Técnica do Consorcio responsable deste proxecto, Xosé Allegue, explica que “con esta obra búscase garantir a mellor conservación do templo"

REDACCIÓN  | 28.04.2017 
A- A+

Santiago. No marco das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo no patrimonio do termo municipal, e moi estreitamente relacionado coa cidade histórica e os Camiños de Santiago, vaise intervir na igrexa de Santa Cristina de Fecha. O organismo interadministrativo acaba de sacar a obra a concurso, por un orzamento global de 27.291 euros. As empresas interesadas deberán presentar as súas propostas ata o vindeiro 22 de maio.
O arquitecto da Oficina Técnica do Consorcio responsable deste proxecto, Xosé Allegue, explica que “con esta obra búscase garantir a mellor conservación do templo, que, ao carecer de canlóns nas súas fachadas, presenta problemas nelas derivados da acción das escorrentías da cuberta así como da salpicadura da auga dos aleiros contra a fachada”.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt