El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

As actividades da Feira do Libro que non podes perder

A oferta infantil inclúe obradoiros de caligrafía chinesa de linguaxe de signos // As actividades culturais prolongaranse ata o vindeiro domingo

Recinto da Feira do Libro na Alameda - FOTO: Arxina
Recinto da Feira do Libro na Alameda - FOTO: Arxina

REDACCIÓN WEB SANTIAGO  | 02.05.2017 
A- A+

O Paseo Central da Alameda en Compostela acolle estes días a Feira do Libro para achegar a cidadanía o mellor da cultura, os libros. A Feira está nunha instalación cuberta na que están presentes unha boa representación das librerias e editoras galegas máis importantes. Pedreira, Alvarellos, Aenea, Ler ou Cartabón son algún dos colaboradores desta convocatoria. Esta edición prolongarase ata o vindeiro domingo 7 de maio. Nas xornadas haberá tempo para o principal, a cultura. Con ela chagarán presentacións, recitais e obradoiros.

A oferta para cativos e maiores, como non, terá este martes unha cita cun contacontos en Linguaxe de signos e un taller realizado a pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (17:30 horas). O mércores Anxo Moure levará a cabo durante toda a xornada a actividade CicloBiblioteca, unha biblioteca ambulante moi especial. As 18:30 horas o bibliotecario contará un conto. Xa o día 4 serán os rapaces do CEIP Quiroga Palacios os que leven a cabo unha actividade chamada 'O meu barrio ten un bosque secreto...' Será pola mañá, a partir das 11 horas.

O sábado 6 regresan as actividades infantís cun taller de encadernación (as 12 e as 13 horas)en outro de caligrafía chinesa (18 horas). As actividades pecharanse o domingo cun obradoiro a cargo de A Nube Teatro, 'Xogando coa historia' (12:30 horas). As 18:30 haberá títeres coa obra 'O Baúl de Barriga Verde'.

Xunto a presentacións de libros e firmas a cargo dos autores, programadas ao longo desta semana, haberá oportunidade para algunhas actividades para maiores, é o caso do xoves, coa actividadde Prodctos de cociña de cercanía. Ese mesmo día, ás 20:30 horas pecharase a xornada cunha lectura dramatizada de 'Palabras Vivas', de Neira Vilas. Xa o domingo, como fin de festa, haberá un peche musical a cargo de Grüzvilla (jaz-punk-rock para todos).

Por certo, os visitantes que leven un libro poderano adquirir cun dez por cento de desconto. É imprescindible pasarse polos espazos de fotografías que hai a entrada do recinto. Os composteláns poderán contemplar imaxes da historia máis recente de Santiago. Compostela: 20 fotos con historia, un traballo realizado pola Alvarellos Editora.