El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Nace a Orquestra Praeludium para difundir a música clásica na cidade

Liderada por Mateo Iglesias, está integrada por músicos noveis

Membros da Orquestra Praeludium nunha actuación
Membros da Orquestra Praeludium nunha actuación

ECG  | 08.05.2017 
A- A+

Santiago. A Orquestra Praeludium, formada por músicos e músicas noveis de Compostela, ofreceu este fin de semana un concerto no Centro Galego de Arte Contemporánea, nun evento que serviu de marco para a creación da Asociación Musical Praeludium, unha entidade sen ánimo de lucro que pretende promover e difundir a música clásica na cidade de Santiago.
O traballo compartido por un grupo de músicos noveis de Santiago, liderado polo director compostelán Mateo Iglesias Seoane, está a recoller os froitos pretendidos cando puxo en marcha esta formación de música clásica, que naceu para dar continuidade á educación musical adquirida en diferentes institucións públicas e privadas da cidade. Logo da creación en 2015 da Orquestra Praeludium, a agrupación comezou a colaborar con formacións de referencia da música clásica como a Escolanía da Catedral ou o Coro Si Vis Me Canere.