El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Efecto invernadeiro: emisión de case 600 toneladas de CO2

O sector que máis contribúe en emitilo á atmosfera é a industria, seguida do transporte

REDACCIÓN  | 19.05.2017 
A- A+

Santiago. O municipio de Santiago emitiu, no ano 2015, á atmosfera preto de 590 toneladas de CO2, o que supón 6,2 toneladas por habitante. O sector que máis contribúe ás emisións é a industria, responsable do 37 % do total, seguido dos transportes, ao que se lle atribúen o 28,6 %.
Estes datos foron expostos onte polo concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, na presentación do Plan de Acción para as Enerxías Sostibles, PAES, que foi sometido á aprobación da Corporación municipal no pleno que se celebrou onte.
Xan Duro lembrou que o Concello adheriuse en marzo de 2016 ao Pacto entre Alcaldes polo Clima e a Enerxía, “e con esa adhesión asumiu o compromiso de presentar este plan nun prazo máximo de dous anos”.
O Plan de Acción para as Enerxías Sostibles de Santiago elabora un inventario de emisións do municipio, ao tempo que define accións que teñen como obxectivo aumentar a eficiencia enerxética e diminuír o consumo de enerxía en Compostela, recortando a emisión de gases de efecto invernadoiro. O documento fixa o horizonte temporal de 2030 para a consecución dos seus obxectivos, o mesmo que establece o Pacto de Alcaldes polo Clima e a Enerxía.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt