El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

"A Nave de Vidán é diferente porque non é só un restaurante"

O establecemento hosteleiro rexentado polo empresario Lois Lopes, que conxuga gastronomía e cultura, acaba de celebrar o seu quinto aniversario

Lois Lopes, propietario de A 
Nave de Vidán:  - FOTO: Arxina
Lois Lopes, propietario de A Nave de Vidán: - FOTO: Arxina

SANDRA COUSO  | 22.05.2017 
A- A+

Lois Lopes é o propietario de A Nave de Vidán, un establecemento hosteleiro ubicado no número 44 da avenida da Mestra Victoria Míguez, que acaba de cumprir o seu quinto aniversario. Agora, media década despois de abrir as súas portas, Lois explica como xurdiu a idea e cales son al­gunhas das especialidades que se sirven neste coñecido local. "A idea para abrir este negocio naceu n­unha visita a Matosinhos, antigo cinto industrial da cidade portuguesa de Porto, na que coñecín u­nha nave industrial rehabilitada na que se atopa o restaurante D'Oliva", afirma Lois, quen quedou tan impresionado do concepto posto en marcha na localidade lusa que decidiu, o 15 de maio do ano 2012, abrir as portas dun negocio similar en Compostela.

En canto á filosofía de A Nave de Vidán, Lois explica que o seu local "pretende ser un espazo de encontro dun público moi variado, desde quen ven tomar café e o utiliza como lugar de traballo, r­eunión... ata o que vén a unha actividade cultural ou simplemente tomar un viño ou a comer".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt