El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Primeiros confirmados para a cuarta edición do festival WOS

Se celebrará entre os días 6 e 10 de setembro en Santiago de Compostela

Terraza de la Fundación Granell donde se celebró concierto del WOS 2016 - FOTO: ECG
Terraza de la Fundación Granell donde se celebró concierto del WOS 2016 - FOTO: ECG

WOS  | 22.05.2017 
A- A+

Os 100 primeros abonos de cada modalidade xa están á venda a prezo reducido ata o 7 de xuño ou fin de existencias. As entradas de días soltos sairán á venda en xullo.
          
Espazos únicos do casco urbán e histórico acollerán máis de medio centenar de propostas musicais, visuais, sonoras, e escénicas, así como mesas para o encontro e a reflexión.

Os británicos The KVB, que o pasado día 19 publicaron novo EP a través de Invada Records, disqueira do Portishead Geoff Barrow, son unha das propostas que encabezan este primeiro anunciamento do festival, que en tan so tres anos consolídase como unha das citas culturais con máis forza na capital galega.
 
Artistas que actualmente centran todas as miradas do panorama estatal como BFlecha ou STA engádense, como é habitual, a artistas moi personais: o intimismo do danés Western Skies Motel, os sintetizadores de influencia kraut de Schwarz, ou a percusión experimental de Greg Fox. O primeiro anunciamento do programa musical do festival, que incluirá como cada ano actividades multidisciplinares, mantén un marcado acento na electrónica, con nomes como os aclamados Sensible Soccers ou la delicada potencia da norteamericana Nite Jewel.

O festival, que irá revelando o seu programa ao longo dos próximos meses, posiciónase nesta cuarta edición como unha das máis firmes propostas no crecente panorama europeo e internacional de festivais Indoor. A súa programación incluirá, como cada ano, actividades en espazos de referencia no casco histórico e urbán de Santiago de Compostela, como o Museo Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), o Teatro Principal, o Mercado de Abastos, a Igrexa da Universidad, ou a Fundación Granell.

As artes escénicas, os novos medios, o cinema, a arte audiovisual, os encontros con artistas, charlas e mesas de reflexión terán tamén o seu lugar na súa oferta, diseñada específicamente en torno á cultura alternativa.
 
O ano pasado na súa terceira edición o festival reuniu entre as actividades do seu programa multidisciplinar e as propostas de acceso libre abertas á ciudadanía a máis de 4.500 asistentes, incluindo público internacional procedente de Reino Unido, Italia, Francia ou Portugal, entre outros.
 
O festival WOS celebrarase este ano do 6 ao 10 de setembro, de novo en Santiago de Compostela. Os abonos Premium (para os cinco días de festival) e Weekend (venres, sábado e domingo) xa están á venda a un prezo promocional ata esgotar as 100 primeiras unidades na súa web www.wosfestival.es.
 

Os oito artistas confirmados polo momento son:

BFlecha
Greg Fox
Nite Jewel
Schwarz
Sensible Soccers
STA
The KVB
Western Skies Motel