El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

O Concello logra financiación para impulsar dous proxectos europeos

‘Atlantic Social Lab’ vén de obter fondos por valor de 172.000 tras aprobalo a UE

ECG  | 24.05.2017 
A- A+

Santiago. O Concello de Santiago participará no proxecto Wom@rts: Women’s Equal Share of Presence in the Arts and Creative Industries, da Comisión Europea, cuxo obxectivo é loitar contra a desigualdade de xénero no campo das artes e a cultura. Ademais o Concello vén de obter fondos por valor de 172.000 euros, ao ser aprobado pola UE o proxecto Atlantic Social Lab. Así o anunciaron onte as concelleiras de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e de Economía e Facenda, María Rozas. Wom@rts, o proxecto, liderado polo Auditorio de Galicia, é unha das 15 iniciativas seleccionadas polo Programa Europa Creativa da Comisión Europea, entre 118 candidaturas, tras obter unha nota de 89/100. Conta cun orzamento total de algo máis de 3 millóns de euros, e unha subvención europea do 50%, distribuídos entre unha rede de 10 socios de 8 países diferentes.
Atlantic Social Lab é un proxecto enviado polo Concello de Santiago en colaboración cos de Avilés, Cork (Irlanda) e Pau (Francia), así como as entidades GCU, Enterprise North West, CRESS Bretagne (Francia) e CES-Coímbra (Portugal) e presentado á primeira convocatoria da Área Atlántica do Interreg. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt