El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

A Asociación de Xordos critica as trabas a nivel educativo e sanitario

A entidade celebra este sábado o seu 40 aniversario no auditorio de Abanca

ECG  | 01.06.2017 
A- A+

Santiago. A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou onte, acompañada do presidente da Asociación de Persoas Xordas de Compostela, José A. Pais, os actos que a entidade levará a cabo co gallo do seu 40º aniversario, que se celebra este vindeiro sábado, 3 de xuño.
A concelleira destacou a colaboración existente entre o Concello e a Asociación de Persoas Xordas de Compostela, “coa que mantemos dende hai anos un convenio para poder ter unha persoa intérprete de lingua de signos no Concello e así facilitar a comunicación da Corporación e da cidadanía en xeral”.
Concha Fernández quixo lembrar tamén que o Concello colabora coa Asociación na conmemoración do Día das Linguas de Signos, que terá lugar o vindeiro 14 de xuño, no que “haberá unha recepción municipal, procederase á lectura dun manifesto na praza do Obradoiro e iluminarase o Pazo de Raxoi para concienciar á sociedade”.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt