El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Esixen a Raxoi medidas contra o ruido na autoestrada

ECG  | 04.07.2017 
A- A+

Santiago O grupo municipal do BNG demandoulle onte ao alcalde de Santiago que realice as xestións necesarias para reclamar medidas destinadas a evitar o ruído do tráfico da AP-9 ao seu paso por Angrois.
Segundo señalan nun comunicado, o propio proxecto de ampliación de capacidade da autoestrada AP-9 no tramos Santiago norte-sur recóllese que “dado que se produce un acurtamento entre a fonte de ruído e o receptor debido á presenza de vivendas nas proximidades do trazado se adaptarán os mapas acústicos da AP-9 e se aplicarán plans de acción en materia de protección fronte á contaminación acústica”.
Por contra, o BNG afirma que recibiu queixas da veciñanza da zona polo estrondo das máquinas que traballan nas obras, ademais do tránsito de vehículos, e mesmo chegan a recoñecer que o ruído da autoestrada supera ao do paso do tren, que xa non perciben.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt