El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Os Estalotes: 25 anos levando a música tradicional aos bares

A murga mantén viva no barrio de San Pedro a tradición dos cantos de taberna // Xente de Compostela e universitarios súmanse as súas concorridas ‘estalotadas’

Os Estalotes durante unha homenaxe a ‘Morgan’, un dos seus membros fundadores, falecido no 2010.  - FOTO: X.F.
Os Estalotes durante unha homenaxe a ‘Morgan’, un dos seus membros fundadores, falecido no 2010. - FOTO: X.F.

SANDRA ROMERO  | 10.07.2017 
A- A+

Os Estalotes levan un cuarto de século enchendo de cantigas os bares da capital galega. Esta formación naceu grazas a un grupo de xente de Compostela que era afeccionada á música tradicional. Moitos deles procedían da agrupación folclórica Cantigas e Agarimos, como Xosé Méndez Morgan, falecido no pasado ano 2010 e ao que a agrupación homenaxeou nunha actuación.
Un venres ao mes xúntanse nas estalotadas, as quedadas que fan polos bares da zona de Concheiros e da Rúa de San Pedro co simple obxectivo de pasalo ben cantando, tocando e bebendo. Nos últimos tempos, Os Estalotes suman á súa ruta locais como O Pichel, o Triacastela ou a Casa das Crechas. O pub da Vía Sacra é tamén unha das paradas habituais nas estalotadas que chegan tamén ao bar O Barranquillo.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt