El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Escritora

Ánxela Gracián: “Este libro é unha reflexión sobre o temor á escuridade”

“En ‘Gombó e o medo á escuridade’ hai un apartado que fala da nosa relación cos elefantes” // “Gustaríame que os lectores queiran tanto ao personaxe como foi querido na súa creación”

FERNANDO FRANJO SANTIAGO  | 10.07.2017 
A- A+

Edicións Fervenza vén de publicar un álbum ilustrado destinado ao público infantil que, nunha fermosa edición de tapa dura e ilustración de cores a toda páxina, nos descobre ao elefante Gombó e o medo á escuridade. O álbum, o primeiro dunha serie de cinco, está asinado pola escritora Ánxela Gracián e con ilustracións do artista plástico Christian Villamide.

Contános, Ánxela, en que consiste o proxecto Gombó?
Trátase dun conxunto de cinco álbums ilustrados –creo que é máis aplicable o concepto álbum ilustrado que o de libro de contos para nenos, porque neles o peso da ilustración é fundamental para soster a arquitectura semántica do texto–. Neles, grazas ao traballo conxunto con Christian, deuse forma e cor a Gombó; á palabra e aos significados que esta agocha, co fin último de poñer en mans dos lectores infantís aquelas grandes preguntas propias da súa idade, tratando de que atopen as respostas, xunto a Gombó.

Cales serían esas grandes preguntas?
Este primeiro álbum céntrase no medo e nas estratexias para enfrontalo, así como na beleza que se atopa ao final de cada reto. Unha reflexión sobre o temor á escuridade, ao descoñecido, que se supera a través de aventuras que obrigan a ser valentes. Deste xeito, cada álbum trata de dar respostas na aprendizaxe individual de cada cativo; así o segundo volume ocúpase da independencia, o concepto de espazo e viaxe; o terceiro na fantasía e nos soños; o cuarto nun tema tan delicado como a morte e, no último... todo un reto, combinar dous conceptos tan complicados como amor e memoria.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt