El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

A Real Filharmonía de Galicia únese a Música en Compostela con dúas citas

O Auditorio acolle as actuacións de mañán e o venres baixo a batuta de Zumalave

Maximino Zumalave dirixirá os concertos de Música en Compostela no Auditorio
Maximino Zumalave dirixirá os concertos de Música en Compostela no Auditorio

REDACCIÓN  | 08.08.2017 
A- A+

Santiago. A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis na 60ª edición do Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela con dous concertos. O primeiro celebrarase mañán, mércores, e o segundo o venres, día 11. Ambas citas terán lugar no Auditorio de Galicia ás 20.30 horas, baixo a batuta do director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave.
O concerto do mércores comezará coa obra Canciones y danzas para Dulcinea, do compositor aragonés Antón García Abril (1933).
Son un total de seis cancións e danzas que narran a historia da eterna amada de Don Quijote, un canto ao amor ideal cargado de moita emotividade poética.
En 1984 o autor compuxo a banda sonora da película Monsignor Quixote, baseada no relato de Graham Green, por encargo da cadea británica BBC.
Un ano despois encárganlle unha serie de pezas baseadas no mesmo tema, o que se concreta nesta suite, segundo a RFG.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt