El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Clausura da primeira quenda do programa de conciliación municipal

Escolas de Verán voltará na primeira semana de setembro con máis actividades

REDACCIÓN  | 08.08.2017 
A- A+

Santiago. O Programa Municipal de Conciliación Escolas de Verán 2017 rematou a súa quenda de xullo cunha xornada de actividades para os nenos no Parque Eugenio Granell. As Escolas de Verán volven en setembro, con actividades os días 1, 4, 5, 6, 7 e 8 do devandito mes.
Os nenos participantes remataron a quenda de xullo cunha saída ao Parque Eugenio Granell. Realizaron unha ruta para coñecer unha das maiores zonas verdes de Compostela e divertíronse participando en diferentes xogos tradicionais. Ademais, tiveron a oportunidade de comer todos xuntos no mesmo parque. Durante a semana anterior, os rapaces e rapazas fixeron actividades ao redor dunha temática medioambiental e do coidado e o respecto do entorno natural que nos rodea. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt