El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Novas sesións de concertos ao aire libre na Cidade da Cultura

Hidrogenesse, Boyanka Kostova e Terbutalina actúan esta semana na praza central do Gaiás

REDAC.  | 09.08.2017 
A- A+

Santiago. A banda sonora do verán no Gaiás, Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos ao aire libre que os xoves, venres e sábados do verán, nos trae esta semana á praza central da Cidade da Cultura as actuacións de Boyanka Kostova (xoves, 10 de agosto), Hidrogenesse (venres, 11 de agosto) e Terbutalina (sábado, 12 de agosto). Esta sétima edición ten un intenso sabor galego, coas actuacións en pequeno formato de Triángulo de Amor Bizarro (26 de agosto), ou Terbutalina, este sábado. Atardecer no Gaiás 2017 conta ademais con outros artistas punteiros do panorama nacional como é o tecno pop de Hidrogenesse, que toca este venres actuará na praza central da Cidade da Cultura. Todas as citas de Atardecer no Gaiás comezan ás 21.00 horas na praza central da Cidade da Cultura. A entrada é libre e de balde. E o último bus para baixar do Gaiás é o C11 e ten lugar ás 22.45 horas.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt