El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Publican unha guía ilustrada das igrexas da cidade

REDACCIÓN   | 05.10.2017 
A- A+

ARTE O Consorcio de Santiago e El Patito Editorial acaban de publicar a Guía ilustrada das igrexas de Compostela, con textos da historiadora Marta González e ilustracións do gaditano Joaquín González. A publicación preséntase hoxe, na Fundación Torrente Ballester, ás 19.00 horas. Ao acto asistirá o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade.