El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

A Fundación Torrente acolle a mostra dos 25 anos do Consorcio

Debido á demanda de público trasladouse unha parte da exposición ata ahí

REDACCIÓN   | 05.10.2017 
A- A+

Santiago. Baixo o título Consorcio de Santiago, Cultura e Patrimonio. 25 anos do Consorcio na cidade, o organismo inauguraba en xullo unha exposición que repasa a súa traxectoria. A mostra ten dúas sedes, a Casa do Cabido (na praza das Praterías) e a Fundación Torrente Ballester, que, debido á demanda de público, acolle a parte da mostra que ata agora se exhibía no Colexio de Fonseca. Inaugurarase hoxe, a partir das 19.00 horas, coincidindo coa presentación da Guía ilustrada das igrexas de Santiago de Compostela na propia Fundación. Na Fundación Torrente Ballester pódese facer un percorrido polas actuacións que o Consorcio levou a cabo dende 1992 no relativo á conservación e posta en valor do patrimonio histórico de Santiago, a través da recuperación urbana e do espazo público.